ConcellosEn portadaSan Xoán de RíoÚltima horaVídeos

San Xoán de Río despide o ano con prebadaladas, brinde e paella en lembranza dos afectados pola DANA

 

Na mañá deste martes 31 de decembro, día de fin de ano San Xoan de Río despediá 2024 cun evento moi especial, emotivo e solidario.

 

 

En lembranza á catástrofe da DANA que arrasou a Comunidade Valenciana o pasado mes de outubro, e aos seus damnificados, o programa comezaba cun acto institucional no Salón de Plenos do Concello no que contaron coa presenza de Ainhoa González, concelleira de Alginet con orixes en Río que leu sendas cartas de agradecemento por parte da alcaldesa e do primeiro tenente de alcalde desta localidade valenciana.

 

 

Ás 12 horas celebraban as xa tradicionais prebadaladas coas uvas e brinde polo Aninovo dende a praza de Pedro Fernández; e de seguido degustaban unha paella solidaria, na mesma praza, cuxos cartos serán entregados á Societat Musical d’Algemesí, outra das localidades valencianas fortemente afectadas pola DANA.

 

 

Fotos e vídeo cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button