ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

O Concello de Río pon en marcha un servizo de asesoramento a apicultores

Imaxe dun colmear./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende o Concello de San Xoán de Río vén de anunciarse que neste verán vaise poñer en marcha un servizo de asesoramento a apicultores. Será da man da Universidade de Vigo e funcionará, segundo vén de sinalar o alcalde, Xosé Miguel Pérez, os meses de xullo e agosto.

“Todos os apicultores do municipio de San Xoán de Río interesados en mellorar a venda dos seus produtos poden poñerse en contacto co Concello e solicitar xa a súa cita personalizada”, sinala o rexedor.

Artigos relacionados

Back to top button