O Concello de San Cibrao das Viñas ampliará o alumeado público no acceso ao polígono industrial. Así se deduce tras a firma do convenio que realizaron tanto o alcalde da localidade, Manuel Pedro Fernandez, como a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez. Esta última en representación da administración autonómica, que aportará fondos para financiar a instalación, valorada en algo máis de 40.200 euros.
As actuacións suporán unha mellora da seguridade viaria na zona, concretamente na estrada OU-538 Noalla (N-525)- área industrial.
Segundo este acordo, o Concello de San Cibrao obrígase a asumir a explotación, o mantemento e a titularidade do alumeado e a Xunta asume o compromiso de realizar a instalación e posta a punto do tendido eléctrico.