ConcellosÚltima hora

O Concello de Sober porá a disposición dos nenos censados mascarillas reutilizables

Terán un deseñado adaptado á poboación infantil e serán de dúas tallas: para cativos de 3 a 7 anos e de 8 a 12 anos

Mascarillas que o Concello de Sober lle entregará aos cativos do municipio./ Foto cedida.

 

Dende o Concello de Sober porase a disposición “de todos os nenos e nenas empadroados na localidade mascarillas hixiénicas infantís reutilizables”, tal e como se informa dende esta administración local.

As mascarillas terán un deseño adaptado á poboación infantil e serán de dúas tallas. Para nenas e nenos de 3 a 7 anos e de 8 a 12 anos. Para menores de 3 anos as autoridades sanitarias non recomendan o uso de mascarillas. “Entregaranse dúas mascarillas por neno e nena e un manual de uso de acordo coa normativa aprobada polo Ministerio de Sanidade”, matiza o Concello de Sober.

As mascarillas estarán a disposición dos rapaces de Sober antes do 27 de abril, data fixada polo Goberno do Estado para que as nenas e nenos podían saír da casa.

“Serán mascarillas de triple capa de material téxtil recomendado polo Ministerio de Sanidade. As mascarillas infantís estarán a disposición dos pais nas farmacias de Sober a mediados da vindeira semana”, asegura o Concello de Sober.

 

Artigos relacionados

Back to top button