ConcellosTrivesÚltima hora

O Concello de Trives adquire un vehículo adaptado para persoas con mobilidade reducida

Exterior do Concello da Pobra de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello da Pobra de Trives vén de informar da recepción dunha subvención dos fondos Feader da UE “por importe de 48.222,20€ para a adquisición dun vehículo destinado a facilitar os desprazamentos a persoas de mobilidade reducida; único vehículo ofrecido por unha administración pública de estas características en toda a contorna”, segundo o grupo de goberno trivés.

Así mesmo, dende o goberno trivés asegúrase que isto “constitúe a creación dun servizo centrado nas persoas para garantir o benestar dos mais vulnerables, eixo no que estamos a levar a cabo distintas accións. Ademais, o vehículo será respetuoso co medio ambiente, no compromiso do grupo de goberno coa Axenda 2030”. Para o Concello de Trives isto supón “un impulso para seguir a levar a cabo políticas centradas na veciñanza, de compromiso cos que máis o precisan e co medio ambiente”.

Unha vez adquirido o vehículo, dende o Concello habilitarase un número telefónico de contacto para dar cobertura a este servizo é que se destinará tamén a emerxencias e/ou suxerencias.

Artigos relacionados

Back to top button