ConcellosTrivesÚltima hora

O Concello de Trives lanza un paquete de axudas para Pemes e autónomos

 

Tras a medida aprobada o pasado ano de suspensión da ordenanza reguladora das taxas de terrazas de locais de hostalaría, o Concello da Pobra de Trives vén de aprobar unha segunda liña de axudas. “A iniciativa do grupo de goberno socialista, e consensuado con todos os grupos, tras os preceptivos trámites, nos vindeiros días, a partires da publicación no Boletin Oficial da Provincia de Ourense, os interesados poderán dirixirse ao Concello -previa cita- e solicitar as axudas”, informan dende o Concello de Trives.

Trátase dunha convocatoria de concesión de subvencións dirixida aos negocios afectados polo disposto no Decreto 8/2021 e no apartado 4.1.II do Anexo da Orde de 26 de xaneiro da Consellería de Sanidade, que impuxo a determinados negocios o peche total e determinadas restricións que o goberno de Trives “entende deberían ir acompañadas de medidas reparadoras que non propicien o peche de ningún negocio e que non supoña perdas irreparables para os mesmos”.

Nesta liña, o Concello de Trives aposta por facer un “importante esforzo para subvencionar a cada negocio co importe de 1.000 euros, compatibles con outras axudas e subvencións, e que supón un desembolso moi importante, tendo en conta o estado económico no que estaba o concello”.

Así mesmo o grupo de goberno explica que está axuda aos autónomos e Pemes “é posible debido á política de contención de gasto e aforro que se vén levando a cabo dende o goberno municipal, que permitiu, poñer ao día unha inxente cantidade de facturas atrasadas, reducir a débeda e aforrar entre outros, estes cartos que ían  ir destinados á mellora de infraestruturas, pero a crise impera é este concello quere e vai a estar sempre ao carón do tecido empresarial da nosa vila, polo que se aprobou a presente convocatoria”.

Artigos relacionados

Back to top button