DeportesÚltima hora

O Concello de Trives leva ás aldeas o curso de ximnasia para maiores ante o éxito acadado na vila

O concelleiro de Deportes de Trives con algunhas das alumnas deste curso na vila./ Cedida.

 

Manterse activo é clave para contar cunha boa saúde física e mental, sobre todo en idades avanzadas. O Concello de Trives ten moi presente esta premisa e por iso estende ás aldeas do municipio o curso de ximnasia de mantemento para maiores.

“O éxito colleitado desta iniciativa na vila levou ao executivo local a tomar esta decisión. Na actualidade son medio cento os veciños e veciñas que participan nas sesións nas que se traballa a coordinación e a forza, ademais de ofrecerse clases de baile”, explican dende o Concello.

Inicialmente, a proposta estenderase a partir do 18 de outubro a Cova e Sobrado. As sesións impartiranse na primeira localidade os mércores e venres, a partir das 10:30 horas, mentres que en Sobrado serán os mesmos días pero a partir das 12 horas.

 

 

O concelleiro de Deportes, Fermín Santoveña, asegura que o interese esténdese tamén aos veciños e veciñas de lugares próximos a estes dous pobos: “A iniciativa ten unha gran demanda e dende o Concello queremos achegar este curso ao maior número de persoas para favorecer o envellecemento activo”.

Artigos relacionados

Back to top button