EconomíaEconomíaÚltima hora

O Concello de Trives porá en marcha un marketplace para a venda de produtos da zona

Suporá "investimento tecnolóxico de 60.000€, que comportará un revulsivo para a localidade cunha plataforma de primeiro nivel", di o grupo de goberno municipal

Exterior da Casa do Concello de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende o Concello da Pobra de Trives vén de informarse de que xa dispón de “financiamento para a posta en funcionamento dun marketplace que redundará en beneficio do empresariado e que contribuirá á difusión dos produtos da nosa terra e á venda dos mesmos”.

Trátase dunha plataforma tecnolóxica “moi avanzada para a difusión, promoción e venda dos produtos de Trives”, segundo o Concello, que ultima os detalles e “o material preciso para que estea a disposición de comerciantes e público en xeral, canto antes”.

Esta iniciativa suporá “un importante investimento tecnolóxico de 60.000€, que comportará un revulsivo para a localidade cunha plataforma de primeiro nivel”, din dende o grupo de goberno trivés.

Ademais, a súa posta en funcionamento virá acompañada doutra serie de medidas como o posicionamento SEO, etc.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button