En portadaÚltima hora

O Concello de Trives promove unha ampliación da rede de fibra óptica no municipio

Foto: A.R.

 

O Concello de Trives impulsa unha ampliación da rede de fibra óptica na súa capitalidade. “Unha vez realizados os trámites, instaláronse 11 novas caixas de telecomunicacións para ofrecer o servizo FTTH (Fibra ata o fogar) na Pobra de Trives, unha resposta ás demandas dos veciños e veciñas que esixían unha mellor cobertura. As caixas están situadas en Praza do Pilón, Rúa Centro, Rúa dá Paz, Jacinta Alvarado, Alfredo Casanova, Praza do Reloxo e Caleixón do Pozo, e a cobertura é ampliable en 300 metros cada una delas. Ademais, tamén está dispoñible xa para conexión a liña de Vilanova e os pobos lindeiros”, tal e como informa o Concello de Trives.

Así mesmo, dende esta administración local indícase que, “aínda que a instalación foi realizada por Movistar, ao ser grazas a unha subvención de fondos públicos, todas as compañías poderán facer uso da mesma. Deste xeito, cada veciño poderá elixir a compañía coa que se sinta máis cómodo para a súa conexión de fibra óptica. Ademais, varios núcleos activaron tamén a rede de fibra óptica, co que os usuarios poden chamar as súas compañías para que actualicen os mapas de cobertura para que lle ofrezan un mellor servizo a un menor costo”.

Por outra banda, o grupo de goberno trivés avanza que Trives contará cun novo “Plan de despregue de rede de fibra óptica municipal feito por unha empresa de telecomunicacións para que as compañías telefónicas poidan alugar esta nova rede e mellorar o servizo que se aporta a veciñanza, ou incluso creando unha redundancia na rede, algo solo feito en cidades e grandes polígonos industriais para ter unha rede alternativa en caso de fallo ou avería da principal”.

O Concello espera que con estas medidas, a rede evite todos os problemas de cobertura e cortes de suministro que viñamos sufrindo a día de hoxe.

A alcaldesa de Trives, Patricia Domínguez, celebra a mellora da rede de fibra na zona e recorda que dende “fai 2 anos existe o servizo creado polos 10 concellos que formamos o GDR Sil-Bibei-Navea de banda ancha ultrarrápida de acceso a internet a través da compañía Itegal. Esta é unha rede publica e independente do resto, polo que incluso pode servir de redundancia, a día de hoxe, para todas esa xente ou empresas que se queixan de fallos en internet”.

Artigos relacionados

Back to top button