A Deputación de Ourense investirá preto de 2,5 millóns de euros (2.448.949,4€) para cofinanciar proxectos de mellora en seis campos de fútbol da provincia. Así se materializou hoxe no Pazo Provincial coa sinatura dos convenios entre o presidente provincial, Luis Menor e os alcaldes da Pobra de Trives, Patricia Domínguez; Arnoia, Rodrigo Aparicio; Toén, Ricardo González; Amoeiro, José Luis González; Cartelle, Jaime Sousa; Lobios, María del Carmen Yáñez.
“Hoxe materializamos un dos compromisos adquiridos con seis municipios da provincia en materia de infraestruturas deportivas, desbloqueando proxectos que son prioritarios para os seus equipos e a súa afección”, dixo Luis Menor trala sinatura. Neste sentido, o presidente provincial puxo en valor o traballo realizado desde a Deputación a prol do deporte ourensán, sobre todo, co deporte base a través de axudas e iniciativas que contribúen a situarnos nun lugar referente para a práctica deportiva”.
A reforma do campo de fútbol O Agro na Pobra de Trives ascende a un orzamento de 500.000 euros, dos cales a Deputación achegará 450.000 euros e o Concello os 50.000 euros restantes.