En portadaÚltima hora

O Concello de Trives recibirá unha achega de máis de 360.000€ para o seu plan integral de rexeneración do comercio en zonas turísticas

A subvención foi concedida polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo con fondos Next-Generation da Unión Europea

 

O Concello da Pobra de Trives despide o ano cunha boa nova: a confirmación por parte do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo da aprobación do plan integral de rexeneración do comercio de Trives, presentado polo Concello, aprobado polo Goberno de España e financiado con fondos Next-Generation da Unión Europea, o que supón unha subvención de 368.974 euros para investir integramente no concello trivés.

 

A alcaldesa de Trives, Patricia Domínguez Barja.

 

“Este plan suporá un antes e un despois na dinamización turística de Trives”, di a alcaldesa, Patricia Domínguez Barja, asegurando que se trata do único de Ourense aprobado dentro da liña de axudas a zonas de afluencia turística e un dos 3 de Galicia, xunto cos presentados pola Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo. “Mesmo recibimos unha axuda maior que este último, e proporcionalmente, tamén maior que a da Deputación de Pontevedra, pois no seu caso participan dela ata 11 municipios”, puntualiza Domínguez Barja.

 

Praza do Reloxo de Trives iluminada.

 

Dentro da mesma liña de mercados rurais sostibles, a Deputación de Ourense obtivo 180.271 euros de financiamento para a transformación dixital do comercio local, “axudas ás que tamén poderán optar os autónomos de Trives”, asegura a alcaldesa.

Ademais, os concellos de Manzaneda, Parada de Sil, Petín, Xunqueira de Espadanedo, A Teixeira, Montederramo, Vilariño de Conso, Larouco, Petín, A Rúa, O Bolo, A Veiga, Esgos, San Xoan de Río, Nogueira de Ramuín e Chandrexa de Queixa recibirán unha axuda de 294.371, a repartir entre estos municipios, dentro do proxecto “Ourense Norte Reacciona”.

 

Artigos relacionados

Back to top button