ConcellosTrivesÚltima hora

O Concello de Trives suspende as feiras

Imaxe dunha feira en Trives o pasado verán./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende o Concello da Pobra de Trives vén de anunciarse a suspensión das feiras no municipio. “Debido ao ascenso imparable do número de contaxios en toda Galicia, á situación de contaxios no noso concello aínda que polo momento controlados, ao aumento de contaxios tamén en toda a comarca como consecuencia do Covid-19, vémonos na obriga de adoptar (como xa fixemos en anteriores ocasións) medidas restritivas ata que se minimicen os riscos para a veciñanza e os asistentes, como o é a suspensión das feiras”, segundo o Concello de Trives.

Ademais dende esta administración local apélase ao “estrito cumprimento das normas preventivas xa que é o único xeito de seguir sen peche perimetral e sen máis restriccións aos sectores comerciais aos que debemos protexer”.

O Concello de Trives tamén insiste en lembrar a importancia de manter as medidas de seguridade sanitaria, entre elas, “usar sempre mascarilla, lavar as mans con frecuencia con xabón ou xel hidroalcólico, evitar, na medida do posible; a interacción entre persoas non convivintes” e a limitación das reunións a un máximo de 4 persoas.

Artigos relacionados

Back to top button