Mediante acordos cos centros escolares da vila, que recollen as inquedanzas dos pais a alumnos, o Concello de Verín implanta un plan de seguridade viaria.
A tal efecto, o ente municipal adianta que aplicará unha serie de medidas en horario de entrada e recollida dos nenos, que empeza coa instalación dunha baranda de seguridade na porta do colexio Amaro Refojo, para “evitar a saída descontrolada dos menores á Avenida de Laza, que ten a calzada inmediatamente adxacente ao centro”, explican dende o Concello de Verín.
As medias a aplicar, que se estenderán aos colexio Princesa de España e María Inmaculada, contemplan o apoio de persoal do Concello para a vixilancia nas horas de entrada e saída, así como o redeseño das zonas viarias de entrada. Segundo o acordo acadado co ente municipal, os pais poderán acceder ao centro para recoller aos cativos.