ConcellosÚltima hora

O Concello de Verín e Cruz Vermella Monterrei asinan un convenio de colaboración

A organización recibirá 4.590 euros para o desenvolvemento de programas de intervención e atención social de forma coordinada
A presidenta de Cruz Vermella Monterrei, Mª Carmen Sobrino, e o alcalde de Verín Gerardo Seoane.
A presidenta de Cruz Vermella Monterrei, Mª Carmen Sobrino, e o alcalde de Verín Gerardo Seoane.

Gerardo Seoane, alcalde de Verín, e Mª Carmen Sobrino Cerdeiriña, presidenta de Cruz Vermella en Monterrei veñen de asinar un convenio marco que establecerá as bases de colaboración entre Concello e a Asemblea Comarcal da organización humanitaria.

Segundo explican dende a ONG, a través deste convenio para o desenvolvemento de programas de intervención e atención social de forma coordinada, Cruz Vermella Monterrei recibirá 4.590 euros neste ano, para “o mantemento da organización humanitaria en Verín e a prestación de programas destinados a contribuír á inclusión social das persoas máis desfavorecidas, especialmente persoas maiores, persoas en situación de vulnerabilidade e infancia en dificultade social, así como campañas de promoción e prevención da saúde e atención a situacións de riscoo previsible e emerxencias”.

O Concello comprométese ademais a “dar apoio a Cruz Vermella nas actividades que se leven a cabo, facilitando a mutua colaboración entre o persoal técnico de servizos sociais de ámbalas dúas entidades”, engaden dende Verín.

Artigos relacionados

Back to top button