DeportesÚltima hora

O Concello de Verín retoma o programa infantil Kero Kolo

As inscricións pódense realizar no Servizo de Deportes situado no pavillón a partir do 9 de xaneiro de 2020

Imaxe da actividades do programa./ Foto: Concello de Verín.

 

A partir do 14 de xaneiro, a área de Deportes do Concello de Verín ten previsto retomar o programa infantil Kero Kolo. “Esta iniciativa busca converterse nun espazo de encontro entre familias e menores (de 1 a 3 anos de idade) onde, acompañados pola persoa directora das sesións, crearase un espazo relacional, asentando así as bases para unha sólida educación e convivencia con outros iguais”, informan dende o Concello de Verín.

Este programa, que se desenvolverá todos os martes e xoves, de 11h. a 12:30 h., na aula de psicomotricidade do pavillón municipal de deportes, “ten por obxecto crear unha serie de actividades de interacción e participación entre os menores e as familias nas que se desenvolven iniciativas de educación infantil conxuntas e propostas polos participantes, é dicir, unha aula de convivencia que será unha antesala de entrada ao centro educativo e a compartir experiencias cotiás.

As inscricións pódense realizar no Servizo de Deportes situado no pavillón ou no teléfono 988.41.11.40, a partir do 9 de xaneiro de 2020.

 

Artigos relacionados

Back to top button