ConcellosÚltima hora

O Concello de Viana destinará 3.900 euros aos concursos de carrozas e disfraces

Desfile de Entroido en Viana do Bolo./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Co fin de “promover a participación no Entroido” o Concello de Viana do Bolo destinará un total de 3.900 euros aos premios do concurso de disfraces e carrozas neste ano 2020, segundo o informa o seu alcalde, Secundino Fernández.

O prazo de presentación para as carrozas do Domingo Gordo (23 de febreiro) rematará o vindeiro 20 de febreiro e as inscricións poderán realizarse nas oficinas do Concello. Os premios que se establecen serán os seguintes:
1º premio 600 €
2º premio 400 €
3º premio 200 €

Ademais, “repartiranse á súa vez entre todos os participantes 1800 €. Esta aportación para todos é co obxectivo de incentivar a presentación e participación de carrozas no Domingo Gordo”, engade o rexedor.

No caso do concurso de disfraces, previsto para o Martes de Entroido (25 de febreiro), o prazo nas oficinas municipais durará “ata o 20 de febreiro e ante a organización ata antes do comezar o desfile”, segundo o alcalde. Os premios deste concurso son os seguintes:
1º premio individual ou parella 150 €
2º premio individual ou parella 100 €
3º premio individual ou parella 50 €
1º premio grupo 250 €
2º premio grupo 200 €
3º premio grupo 150 €

Artigos relacionados

Back to top button