Entroido 2021OurenseÚltima horaVídeos

O Concello de Xinzo lanza unha mensaxe de precaución fronte ao Covid nos días centrais do Entroido

Vén de publicar un vídeo no que participan maioritariamente profesores dos centros públicos do municipio, así como do conservatorio

Mural coa Pantalla, símbolo do Entroido de Xinzo. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello de Xinzo, vén de emitir a través das redes sociais, un vídeo coral pedindo á poboación “coidado fronte á pandemia durante a que debería ser a fin de semana forte do Entroido, que este ano foi suspendido”.

No vídeo, dirixido a todo a poboación pero especialmente ás persoas novas, participan maioritariamente profesores dos centros públicos do municipio, así como do conservatorio. Tamén persoal sanitario, policía local, protección civil e garda civil, así como membros do goberno local.

Todos unen as súas voces para lembrar que “o Entroido volve, pero a vida non”; e que “este ano o único importante e coidarse e protexerse fronte á pandemia”.

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button