ConcellosÚltima hora

O Concello do Barco aplicará unha serie de medidas de flexibilización fiscal aos contribuíntes

Concello do Barco. /Foto: A.R.

 

No marco da actual crise sanitaria e socioeconómica do coronavirus, o Concello do Barco vén de tomar unha serie de medidas de flexibilización fiscal para os seus contribuíntes, tal e como se daba a coñecer esta mañá a través dunha resolución da alcaldía.

“Consciente da situación de paralización da vida económica do concello do Barco de Valdeorras, cuxo sector económico vese claramente deteriorados polas limitacións propias do estado de alarma, a alcaldía adopta unha serie de medidas para responder o impacto económico negativo que se está producindo sobre as persoas físicas e xurídicas afectadas, polas medidas de contención adoptadas polas autoridades competentes, e tentar prever un maior impacto económico negativo sobre as PEMES e autónomos”, sinala o rexedor, Alfredo García.

En concreto, as medidas aprobadas, oriéntanse “a reforzar o sistema de liquidez das pequenas e medianas empresas e autónomos”, matiza. Así, en primeiro lugar, a resolución da alcaldía, recolle a “ampliación automática do período voluntario de pago de todas as liquidacións emitidas e notificadas con vencemento 20 de marzo, 5 de abril e 20 de abril, cuxo prazo en período voluntario amplíase ao 30 de abril. Este prazo é susceptible de ampliación no caso de prórroga do estado de alarma. Iso conlevará a rexeneración automática de todas as cartas de pago emitidas con nova data de vencemento do 30 de abril, conforme ao disposto no artigo 33 do Real Decreto Lei 8/2020”.

No referente “ás notificadas emitidas a partir do 18/03/2020, ampliaráselle o prazo ata o 20/05/2020, salvo que o outorgado pola norma xeral sexa maior, nese caso este resultará de aplicación”.

En segundo lugar, a resolución sinala que as “autoliquidacións non quedan afectados polos os prazos de presentación e ingreso, todo iso sen prexuízo da solicitude por parte do contribuínte dun aprazamento ou fraccionamento da débeda”.

Como terceira medida, acórdase a “suspensión dos procedementos administrativos de constrinximento, incluídas as dilixencias de embargo, individuais, ou masivas, así como as que teñan repercusión directa cos responsables e sucesores tributarios, mentres dure o estado de alarma, ou no seu caso as posibles prórrogas do mesmo. Non obstante, si a débeda atópase en período executivo cuia providencia de constrinximento foi notificada antes do 18 de marzo do 2020, o prazo de pago amplíase ata o 30 de abril, segundo o disposto no artigo 33.1 do Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo”.

En cuarto lugar, inclúese a “suspensión da emisión de notificacións mentres dure o estado de alarma, salvo aquelas as que se refiran a prazos tributarios. Non obstante, se algún cidadán solicita a notificación do procedemento para o ingreso dun tributo e así realizar o pago online, o departamento de recadación do Concello emitirá a mesma e se fará chegar telemáticamente. Todo iso, sen prexuízo da notificación electrónica para aqueles contribuíntes obrigados a relacionarse por este medio coa administración, ou aqueles contribuíntes persoas físicas que, voluntariamente, optasen pola súa utilización co concello”.

Ademais na resolución da alcaldía indícase que o “período comprendido dende o 18 de marzo ata o 30 de abril de 2020, non computará a efectos de duración máxima dos procedementos de aplicación de tributos, sancionadores e de revisión tramitados por esta Administración, se ben durante dito período poderase impulsar, ordenar e realizar os trámites imprescindibles. Non obstante, outórgase o dereito do contribuínte a realizar trámites sen acollerse a ampliación de prazos”.

Así mesmo acórdase a “modificación do calendario fiscal para o ano 2020, ampliando o período de cobranza das débedas de vencemento periódico e notificación colectiva”.

En canto ao imposto de vehículos de tracción mecánica, “amplíase o seu período voluntario de pago ata o 1 de xuño, retrasándoo un mes, con posibilidade de ulteriores modificacións, en función da evolución das circunstancias”.

E aqueles recibos docimiliados “cuio pago non foi atendido o día 20 de marzo do 2020, dispoñerán ata o 1 de xuño do 2020 para proceder ao pago do total do recibo en voluntaria”.

Dende o Concello do Barco tamén se indica que, unha vez finalizado o estado de alarma, “o departamento de recadación emitirá aos contribuíntes que así o soliciten, unha nova carta de pago indicando o novo período de ingreso en voluntaria”.

Por outra banda, “os padróns con vencemento mensual, isto é, a taxa de postos de mercado e a escola infantil, cando se aproben as respectivas liquidacións, regularizarase a situación de cada contribuínte, devolvendo de oficio aquelas mensualidades nas que non se produciu o feito impoñible, non tendo estas a consideración de devolución de ingresos indebidos”.

Nas liquidacións dos tributos correspondentes ao segundo trimestre do exercicio 2020; taxa de instalacións de quioscos, taxa pola entrada de vehículos, taxa de servizo de cemiterios, “ampliarase o prazo de cobranza do período voluntario de pago, coa finalidade de flexibilizar o cumprimento das obrigas tributarias e minimizar o impacto fiscal no termo municipal do Concello do Barco, Así mesmo, con respecto á taxa pola instalación de quioscos, regularizarase a situación de cada contribuínte durante o tempo en que non se produce o feito impoñible”.

Taxa de terrazas

Entres outras medidas, a resolución sinala que a taxa por ocupación de terreos de uso público local con mesas e cadeiras con finalidade lucrativa, “durante o estado de alarma non se produce o feito impoñible, polo que en consecuencia o contribuínte, mentres dure esta situación excepcional, non deberá aboar este tributo, situación que será regularizada no momento en que finalice o estado de alarma, ou en todo caso cando sexa posible a súa instalación novamente”.

 

Artigos relacionados

Back to top button