CulturaCulturaÚltima hora

O Concello do Barco organiza unha viaxe a Salamanca para ver ao barquense Christian Escuredo no musical “El novio de España”

 

Tralo éxito doutras iniciativas semellantes, dende a Concellería de Cultura do Barco de Valdeorras organizan unha viaxe a Salamanca para  ver o musical El novio de España, protagonizado polo actor barquense Christian Escuredo, no Teatro Liceo.

Será o 23 de marzo con saída ás 12 horas na praza do Concello do Barco e, por 52 euros inclúe o autobús, o xantar, unha visita guiada á cidade previa ao espectáculo, seguro e a entrada ao  musical.

Para asistir (as prazas están limitadas a 49) é preciso facer a reserva antes do 27 de febreiro na Concellería de Cultura (teléfono: 988 320 202, ext. 2131).

 

Artigos relacionados

Back to top button