O constante aumento de casos e sobre todo o incremento na incidencia acumulada de Covid na última semana no Barco, pasando de 216,5 casos por 100.000 habitantes a 469,2, preocupa a Sanidade.
Por iso, dende o Concello barquense veñen de anunciar que a feira mensual de Viloira, que debería celebrarse o vindeiro sábado día 6 de febreiro, “queda suspendida ata que cambien as condicións que aconsellaron a adopción das medidas de restrición por parte da Xunta de Galicia, e melloren os datos no Barco de Valdeorras”.