ConcellosEn portadaO BoloÚltima hora

O Concello do Bolo homenaxeará ao ex alcalde Félix Enríquez Vega no marco da XIV Festa da Vitela

 

O sábado 30 de marzo celebrarase a XIV Festa da Vitela no pavillón municipal do Bolo. O programa de actos arrincará ás 11 horas coa apertura da Feira de produtos tradicionais que contará con 14 postos de viño, mel, embutidos, artesanía variada, panadería,…

De 12 a 14 horas estará aberto o Museo Yosso a un prezo de 1 euro e ás 13 horas terá lugar unha homenaxe ao ex alcalde do Bolo Félix Enríquez Vega, falecido en setembro de 2022.

O xantar comezará entorno ás dúas da tarde e pola tarde haberá discoteca móbil co DJ Tariro e bar no recinto da feira que estará aberta ata as 21 horas.

Artigos relacionados

Back to top button