En portadaÚltima hora

O Concello do Bolo pide precaución aos veciños tras detectarse positivos no municipio

Vista do Bolo.

 

O Concello do Bolo vén de publicar neste venres 28 de agosto un bando no que solicita á veciñanza que extremen as medidas de precaución ante a aparición de casos de Covid-19 no municipio, aínda que sen precisar a cifra de afectados.

“Debemos extremar ao máximo as medidas de seguridade (uso de mascarilla, distancia de seguridade e desinfección de mans)”, sinala o alcalde, Manuel Corzo, no bando. Tamén lle desexa a todos os afectados “unha pronta recuperación” e ofrécelles a colaboración do Concello do Bolo.

Artigos relacionados

Back to top button