ConcellosO BoloÚltima hora

O Concello do Bolo recibirá algo máis de 40.000 euros para acondicionar camiños en diferentes localidades

 

A Xunta de Goberno da Deputación, na súa sesión ordinaria semanal, vén de mobilizar un total de 466.208,91 euros dos cales para a cooperación activa cos concellos, destínanse 291.759,72 euros, que quedan distribuídos do seguinte xeito: 48.000 euros para melloras na rede de abastecemento do Concello de Baltar; 47.952,88 para beirarrúas en Gomesende; 30.000 para a mellora do firme do camiño o acceso de Ribela, no Irixo; 40.135 euros para acondicionar camiños en Vilaseco e outros lugares do Concello de O Bolo; 39.671,84 euros para a humanización e mellora da área termal do Bañiño, en Punxín; 40.000 para mellorar a capa de rodadura nos núcleos de Barcia e Ibia, en Melón; 34.000 euros a favor do Concello de Vilar de Barrio para o cofinanciamento de proxectos como o parque infantil de Arnuide, a reforma do pavillón polideportivo e unha mini escavadora. Por último, á Asociación de Veciños de Rebordechá concédeselle unha axuda de 12.000 euros para a ampliación e reforma do seu local social.

Artigos relacionados

Back to top button