SanidadeÚltima hora

O Concello Vello do Barco tínguese de azul e rosa polo Día Internacional das mortes neonatal e perinatal

 

Nada máis escurecer, na tarde deste domingo 15 de outubro a fachada do Concello Vello do Barco tinguíase de azul e rosa para darlle visibilidade á celebración do Día Internacional das mortes neonatal e perinatal.

A iniciativa partía da Asociación Bolboretas no Ceo, que lle facía esta petición ao Concello do Barco. Esta entidade organizará ademais, en colaboración con De Nai a Nai, a II Xornada sobre Morte Perinatal: “A luz en medio da tormenta”, que se celebrará o vindeiro 22 de outubro no edificio multiusos do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button