
Co acendido da iluminación navideña e concerto da cantante de fados María do Ceo no Santuario dos Remedios abríase en Castro Caldelas a programación de Nadal. Un programa que continuará o día 9 coa actuación de Isi, o cómico da TVG que fará pasar un rato divertido aos asistentes no Castelo.
E xa o sábado día 10 inaugurarán o Belén de Maite Vázquez coa actuación do Orfeón Caldelas no Salón Nobre do Castelo, onde presentará un repertorio navideño moi especial: En Belén; Benedicat Vobis; Na noite máis fermosa; Bello ángel mío; e Pinga con limao, co tradicional Noche de paz como broche. Ese mesmo repertorio cantarano o 18 de decembro no concerto que darán na Cañiza.
O 5 de xaneiro de 2023 será a Cabalgata de Reis, con actividades para os cativos e unha gran chocolatada a que peche os actos deste Nadal 2022 para dar paso á Festa dos Fachós 2023, a gran cita invernal en Castro Caldelas.