OurenseÚltima hora

O congreso sobre San Martiño clausúrase no Pazo de Vilamarín

A 5ª e última xornada do simposio, no que participaron unhas 25 persoas, incluíu unha visita ao Mosteiro de Oseira
Participantes no Congreso Internacional de San Martino de Tours, no interior do Mosteiro de Oseira.
Participantes no Congreso Internacional de San Martino de Tours, no interior do Mosteiro de Oseira.

Conferencias en torno á figura do patrón de Ourense especialmente na época visigoda de expertos de diferentes países, pero tamén visitas de campo por algúns dos lugares e edificios históricos máis emblemáticos da provincia de Ourense. Foros as bases sobre as que se asentou o Congreso Internacinal de San Martiño de Tours celebrado en Ourense no ano do 1.700 aniversario do nacimento do santo.

A última visita de estudo tiña lugar na mañá do venres 18 de novembro na quinta e última xornada, na que os participantes desprazáronse ata Cea, para realizar un pequeno tramo a pé da Vía da Prata do Camiño de Santiago con posterior visita guiada polo Mosteiro de Oseira.

As actividades continuaron pola tarde, nesta ocasión no Pazo de Vilamarín, retomando a temática abordada na xornada de onte sobre a evolución dos bispados na Gallaecia da época Sueva. O primeiro en intervir era Miguel Alba Calzado do Consorcio Monumental da Cidade de Mérida, para falar do proceso de cristianización da cidade dos século V ao VII. Seguidamente era a quenda para Luis O. Fontes da Unidade de Arqueoloxía da Universidade do Minho (Braga), cun relatorio sobre a evolución da cidade de Braga, ao norte de Portugal, que foi a capital do Reino Suevo, tanto da cidade como do seu territorio inmediato nos séculos V e VI, pois Dumio, que se atopa ao carón de Braga, foi un Mosteiro fundado por San Martín de Dumio.

 

Asistentes ao congreso, en Oseira.
Asistentes ao congreso, en Oseira.

Tralo descanso, Lino Augusto Tavares Dias do Centro de Estudos de Arquitectura e Urbanismo da Universidade do Porto, falou da cidade de Tongobriga na localidade de Freixo, preto do Porto, na antigüidade tardía. E finalmente Virgilio Lopes do Campo Arqueolóxico de Mértola, abordaba o tema da evolución de Mértola desde a súa etapa como porto romano ao bispado dos séculos V ao VII, antes do acto de clausura.

Artigos relacionados

Back to top button