OurenseÚltima hora

O Consello da Xunta aprobará unha nova orde de axudas para a creación de 20 casas niño no rural

A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitaba o centro de atención á infancia de Maside, un dos primeiros de Galicia

 

O Consello da Xunta aprobará mañá unha nova orde de axudas para a creación de 20 casas niño no rural. Así o adiantaba a conselleira de Política Social, Fabiola García, durante a visita realizada na mañá deste mércores 17 de febreireo ao centro situado no concello ourensán de Maside, un dos primeiros de Galicia, na que estivo acompañada do alcalde da localidade, José Manuel Iglesias, e do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén.

Segundo informan dende a consellería, trátase da sexta convocatoria de casas niño que o Goberno galego impulsa desde o ano 2016, cando se crearon estas pequenas escolas infantís, totalmente gratuítas para as familias, en pequenos concellos do rural. “Coa posta en marcha destes 20 novos centros, Galicia contará antes de rematar o ano cun cento de casas niño espalladas por toda Galicia”, lembrou Fabiola García.

A convocatoria estará dotada con 1,6 millóns de euros, que se empregarán para o funcionamento das instalacións, ao que se destinan 19.600 euros anuais por centro; así como para a adecuación das instalacións nas que se van situar, para o que cada casa recibe 15.000 euros.

Artigos relacionados

Back to top button