O Conservatorio Profesional de Música (CMUS) de Verín, coa colaboración da súa AMPA e da Concellería de Educación Cultura e Festexos do Concello de Verín, vén de presentar o ciclo de concertos “Emerxen os directos”.
Nunha campaña de dinamización do seu labor docente levado a cabo durante todo o curso lectivo no Auditorio Municipal, o CMUS achegará á cidadanía de Verín diferentes xéneros musicais; dende a música mais moderna a máis clásica, pasando polo estilo máis tradicional.
As persoas interesadas en acudir a algún dos concertos disporán de entradas, dous días antes de cada evento, no Auditorio Municipal de Verín (en horario de 17.00 a 20.00 horas). Pese a ser actuacións de carácter gratuíto, o control de aforo realizarase para adaptarse aos protocolos de seguridade sanitaria vixentes actualmente na nosa comunidade autónoma.
Próximos eventos
• AUDICIÓN DE PIANO DO CMUS PROFESIONAL DE OURENSE.
Mércores 12 de maio, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal de Verín.
• BIG BAND DO CMUS
Xoves 13 de maio, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal de Verín.
• TRÍO VOLUNTAS
Sábado 15 de maio, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal de Verín.
• CATRO CORES
Sábado 29 de maio, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal de Verín.
• CONCERTO BENÉFICO DO CMUS VERÍN
Sábado 5 de xuño, ás 12:00 horas, no patio C.P.R Mercedarios.
• GALA DE GRADUACIÓN | ARTISTAS INVITADAS: CAAMAÑO E AMEIXEIRAS
Domingo 13 de xuño, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal de Verín.