EconomíaEconomíaÚltima hora

O Consorcio de Augas de Valdeorras amplía en case 2.000 os seus aboados na comarca

Na súa asemblea xeral, celebrada hoxe, tratábanse asuntos como dar conta da asistencia técnica que a institución provincial presta aos 9 concellos integrantes a través de AquaOurense, que irá ao vindeiro pleno como “programa de colaboración cos concellos na xestión do ciclo hidráulico para 2024”

 

Esta mañá celebrábase a asemblea xeral do Consorcio de Aguas de Valdeorras, sesión na que participaba mediante videoconferencia a vicepresidenta primeira da Deputación, Marta Nóvoa.
Un dos aspectos máis relevantes que se abordaron foi relativo ao padrón de aboados, sobre todo no tocante ao servizo de depuración. “Así, logo de realizar un exhaustivo traballo de campo, comprobouse un desaxuste coa realidade da prestación do servizo, polo que o padrón aumentou en 1.856 novos aboados, pasando de 15.791 a 17.647. Así, ese exhaustivo traballo de campo complementouse cun intenso labor administrativo, con máis de 2.000 expedientes tramitados, o que finalmente acadou que o padrón de aboados medrase en máis dun 10%”, segundo informa a Deputación de Ourense.

Así mesmo, na xuntanza aprobábase un expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos destinado a facturas dunha serie de servizos básicos, en partidas de enerxía eléctrica, que non tiñan a consignación orzamentaria suficiente debido ao aumento destes custes. Tamén se deu conta aos 9 concellos integrantes do consorcio do contido da asistencia técnica que a Deputación lles presta a través da emprea mixta AquaOurense (formada pola institución provincial e Viaqua), que se vai incorporar na proposta do vindeiro pleno provincial como “programa de colaboración cos concellos na xestión do ciclo hidráulico para 2024”.

Na sesión desta mañá quedaron emprazados para unha vindeira asamblea asuntos como o orzamento para 2024 e a revisión das ordenanzas fiscais, tanto na de abastecemento como a necesidade de aplicar un axuste nas taxas de depuración.

Con anterioridade á asamblea xeral, celebrouse tamén unha comisión executiva do Consorcio de Aguas de Valdeorras, con temas referidos á creación de bolsas de traballo en diversos postos.

Artigos relacionados

Back to top button