CulturaCulturaÚltima hora

O contador Celso F. Sanmartín completa o programa barquense “De Perto”

Co seu fardo de contos chegaba Celso F. Sanmartín á Pradeira da Bada, nas Casas Baratas do Barco na noite do 17 de xullo. Boa parte delas eran historias colleitadas dos maiores e que pedía aos presentes que contasen para que esa memoria non se perda. Había contos de medo, de lobos, de mocedade, sobre cidades e pobos… Algunhas delas estaban enmarcadas no seu Lalín natal. En todas elas deixaba o pouso da súa paixón por contar e polo valor da palabra.

Con este contador completábase no Barco o ciclo “De Perto”, logo de dez actuacións que combinaban a narración, a música e o cinema. “A viaxe de “De Perto” remata aquí”, sinalaba neste último acto na Pradeira da Bada a concelleira de Cultura barquense Margarida Pizcueta, quen agradeceu a iniciativa promovica polo seu predecesor no cargo, Eduardo Ojea, e o polo técnico de Cultura, Gustavo Docampo. Tamén agradecía á presenza do público “que nos acompañou durante estas dez xornadas, porque sen el isto non tería sentido”.

Texto e fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button