CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O Coro de Santa Rita do Barco, no 23º Certame de Villancicos de Ponferrada

O Coro Santa Rita durante unha actuación./ Cedida.

 

Dobre actuación do Coro de Santa Rita do Barco na xornada do vindeiro sábado 17 de decembro. Así ás 18h. esta formación musical, que dirixe Silvina Bravo, ten previsto abrir o 23º Certame de Villancicos de Ponferrada, que promoven a Peña de Villanueva e o Concello. Este evento celebrarase na Basílica de Ponferrada e nel tomarán parte unha decena de corais. “Imos sempre a este certame, menos no caso do ano da pandemia”, explican dende este coro.

Ese mesmo día, a partir das 19h., o Coro de Santa Rita será unha das agrupacións musicais participantes no concerto de panxoliñas da parroquia do Barco.

 

O Coro de Santa Rita do Barco, tras unha actuación recente en Lugo./ Cedida.

Artigos relacionados

Back to top button