EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O CRDO Valdeorras perfila os detalles da feira do viño

Na tarde do 11 de xuño reuníase o pleno do consello que aprobaba, entre outros puntos, as bases da cata oficial de viños do certame
Un dos momentos do pleno do CRDO Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella
Un dos momentos do pleno do CRDO Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella

Aínda queda case un mes por diante, pero dende o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras vanse concretando os últimos flecos da organización da XVII Feira do Viño de Valdeorras, que se desenvolverá os días 12 e 13 de xullo na praza barquense de Andrés de Prada.

Así o pleno aprobaba, entre outros puntos, as bases que rexirán a XV Cata da Feira do Viño, na que estarán presentes os viños participantes na mostra. Tamén se decidían os prezos do cataviños na feira, cuxo custe será de 1,50 euros, e o das degustacións, por cada unha das cales haberá que abonar 0,75 euros.

Ao longo dos vindeiros días o consello regulador valdeorrés proseguirá coas presentacións desta mostra vitivinícola polas provincias galegas. Tras o acto de Coruña, o día 12 de xuño presentarase en Lugo, contando coa presenza da sumiller Mercedes González, e posteriormente en Vigo e en Ourense.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

O pleno tiña lugar na tarde do 11 de xuño./ Foto: Carlos G. Hervella
O pleno tiña lugar na tarde do 11 de xuño./ Foto: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button