ConcellosO BarcoÚltima hora

O CribaBus do Barco seguirá funcionando cada sábado de agosto na praza do Concello

 

O CribaBus do Barco ou punto móbil para realización de tests de antíxenos que se instalaba o pasado sábado na praza do Concello seguirá funcionando todos os sábados do mes de agosto, tal e como vén de confirmar o Sergas. Situarase nese mesmo lugar e as persoas interesadas en realizar a proba poderanse anotar desde o domingo ata as 11 da mañá do mesmo sábado día do cribado.

Xa está aberto o prazo para inscribirse na páxina:
https://coronavirus.sergas.gal/cribado/Rexistro.aspx

Artigos relacionados

Back to top button