DeportesÚltima hora

O CV Emevé, equipo no que xoga a quiroguesa Carolina Camino, subcampión de España xuvenil de voleibol

As xuvenís do CV Emevé de Lugo, campioa de España.

 

Cunha resplandecente copa e as correspondentes medallas de prata, completaba o equipo xuvenil feminino do CV Emevé de Lugo a súa participación no Campionato de España de Clubs disputado en Almería.

O conxunto lucense, do que forma parte a xogadora quiroguesa Carolina Camino, competía no Grupo H xunto a Algar Surmenor (R. Murcia), Familycash Xátiva (C. Valenciana) e CDU Atarfe (Andalucía). Pouco a pouco foron pasando as diferentes eliminatorias e o 3-2 ante CV Alcobendas dáballe o pase á final que perdían na xornada deste mércores 30 de xuño ante o CV Las Palmas, nun partido moi reñido, converténdose en subcampioas de España.

As galegas lograban así “unha prata con sabor a ouro pola categoría das rivais que nos fomos atopando durante o campionato”, din dende o club, destacando o “nivelazo de voleibol xuvenil que tenemos en España, en Galicia e o este equipazo”.

 

A quiroguesa Carolina Camino, coa medalla.

Artigos relacionados

Back to top button