O deputado do BNG Xosé Luís Rivas impartirá unha charla no Barco sobre o medio rural
24 de Xaneiro de 2017
Está programada para o xoves 26 de xaneiro ás sete da tarde no edificio multiusos do BarcoO deputado do BNG Xosé Luis Rivas “Mini”, nunha das súas intervencións no Parlamento galego.
“Por un medio rural vivo”. É o título da charla que Xosé Luís Rivas Cruz “Mini”, deputado do BNG no Parlamento de Galicia, impartirá o 26 de xaneiro no Barco. Será a partires das sete da tarde no salón de actos do edificio multiusos da vila. Desde o BNG “sempre se considerou o medio rural como un sector estratéxico e chave para a recuperación económica”, destacan dende esta formación política.
Neste acto Rivas Cruz estará acompañado por Suso Vilasánchez e Moncho do Porto, do BNG de Valdeorras. Dende este partido político convídase “a todos/as os valdeorreses a participar no acto e falar dun tema tan vital e que tanta atención precisa”.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.