CulturaCulturaÚltima hora

O desfile de comparsas do CarnaVrao enche A Rúa de música e cor

 

Trala exitosa cea popular que na noite do venres enchía de xente a rúa Doutor Vila, o CarnaVrao de San Cristóbal 2023 chegaba ao acto central co desfile de comparsas que na tarde deste sábado 8 de xullo percorrían a localidade ruesa, dende o Campogrande ata a Estación.

 

 

Era A Batucada a que, pasadas as oito da tarde abría o desfile seguida de preto polas comparsas participantes: Los Futbolísimos, Batecoiro, Reyes del Desierto, Aztecas Ruesas, Los Carallo Güey, Las Flamencas, Fantasía Marina, Aloha e Troulada da Rúa. Todos con espectaculares disfraces e orixinais coreografías. Pechando a comitiva, os folións Arrieiros de Petín e Os Viticultores de Vilamartín que poñían o broche a esta iniciativa levada a cabo pola Asociación San Cristóbal, creada por veciños da Rúa para dinamizar a vila con actividades como a recuperación das Festas de San Cristóbal, entre outras.

 

 

Unhas festas que rematarán o luns coa misa e procesión de coches dende a igrexa de Nosa Señora de Fátima en Fontei ata San Roque pasando por Petín.

 

Artigos relacionados

Back to top button