ConcellosEntroido 2024TrivesÚltima hora

O desfile de folións de Trives, que organizan Os Labregos, será o 4 de febreiro

 

Apenas rematado o Nadal, xa comeza a conta atrás para a celebración do esperado Entroido, que neste 2024 cae moi cedo. Neste senso, esta tarde o Folión Os Labregos daba a coñecer a data do seu xa tradicional desfile de folións, que se celebrará na tarde do 4 de febreiro; xunto co seu cartel anunciador.

“Este ano optamos por un cartel con moito sentimento, pero sobre todo con moita identidade, a identidade que nos dá a Ponte Bibei que lle dá a benvida ó noso Concello a todos os queiran visitarnos”, explican dende a organización, en mans do Folión Os Labregos en colaboración co Concello de Trives.

O desfile, que vai xa pola súa 19ª edición, comezará ás 15:30h. e nel acostuman participar numerosos folións chegados de diferentes puntos do oriente ourensán, ademais dos catro triveses. Cos seus intensos ritmos e co engado das súas mascaradas enchen de tradición e rituais a vila trivesa.

Artigos relacionados

Back to top button