CulturaCulturaÚltima hora

O desfile de folións pecha o Entroido de Verán na Pobra de Trives

 

Despois dunha intensa, animada e completa fin de semana (con mercado, contacontos, cantos de taberna, sesión vermú,…) na tarde do domingo 14 de agosto chegaba o prato forte do Entroido de Verán 2022 organizado pola Asociación Cultural A Caniceira de Trives: o desfile de folións.

Comezaba ás 18:30 horas e nel participaron seis folións: A Caniceira, Os Labregos, As Maceiras e Lardeira, todos do concello da Pobra de Trives; e tamén Os Viticultores de Vilamartín de Valdeorras e Os Arrieiros de Petín. Cada un co seu toque particular percorreron as rúas trivesas cheas de público.

O broche ao XII Entroido de Verán poñíao o concerto,xa de noite, do grupo SkaloPndras.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button