CulturaCulturaEntroido 2024Última hora

O desfile e concurso de comparsas do 13 de febreiro, referente principal do Entroido no Barco

O seu programa comezará o 12 de feibreiro co baile e concurso de disfraces infantil

Mecos na fachada do Concello Vello do Barco./ Foto: A.R.

 

As actividades do Entroido no Barco, organizadas pola Concellería de Cultura, comezarán o luns, 12 de febreiro, co baile e o concurso de disfraces para nenos que se celebrará ás 17,30 horas no Pavillón Vello. Haberá animación musical a cargo de “Peque Disco Moc” e do “DJ Mere Clown”.

O desfile de comparsas de Entroido, que como cada ano se celebra o Martes de Entroido, terá lugar a partir das 17,30 horas, con saída fronte ao Hospital Comarcal e remate na Praza Maior, coa animación musical da batucada “Bate no cobre”. Ao finalizar o desfile, celebrarase un baile na Praza Maior, amenizado por “Disco Móbil Boa Festa”. O mércores 14 de febreiro celebrarse o enterro da sardiña, coa colaboración do grupo de teatro “Gargallada”. Será a partir das 20,30 horas, na praza Maior e rúas do Casco Vello, e ao rematar haberá pan e chourizos para todos os participantes.

As inscricións das comparsas para participar no desfile poderán realizarse entre o 26 de xaneiro e o 9 de febreiro nas oficinas de AEVA no Barco, e as normas de participación son as seguintes:

1/ Poderán participar comparsas de 10 ou máis persoas.
2/ As comparsas deberán tomar parte, en todo o seu percorrido, do desfile que terá lugar o martes día 13 de febreiro de 2024 a partir das 17:30 horas e que, partindo da avenida Conde de Fenosa, percorrerá varias rúas do Barco rematando na praza Maior.
3/ Deberán inscribirse ata as 14 horas do día 09 de febreiro de 2024 nas oficinas da Asociación de empresarios de Valdeorras (AEVA) situadas na rúa España número 1 do Barco.
4/ Na inscrición deberán constar os seguintes datos:
– Nome e apelidos, DNI, e-mail, teléfono e sinatura da persoa que fai a inscrición.
– Nome da comparsa e número compoñentes da mesma.
5/ Cada comparsa inscrita deberá levar en lugar visible o seu número de inscrición, no momento do desfile, para facilitar a súa identificación.
6/ O xurado encargarase de comprobar en varios puntos do percorrido que os datos contidos na inscrición se axustan á realidade.

7/ Establécense os seguintes premios:
– comparsas de 10 e 20 persoas 150 euros.
– comparsas de 21 a 30 persoas 250 euros.
– comparsas de 31 a 40 persoas 295 euros.
– comparas de 41 persoas en diante 350 euros.

8/ Os premios pagaránselle aos representantes de cada comparsa (persoas que teñan feito a inscrición) ao finalizar o desfile, previa identificación coa presentación do DNI.
9/ A participación no concurso supón a aceptación das presentes normas.

Artigos relacionados

Back to top button