Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

O Día Mundial da Saúde no Barco de Valdeorras

Cruz Vermella celebrou a xornada adicada á diabetes comprobando o azucre en sangue a pé de rúa

Cada 7 de abril celébrase o Día Mundial da Saúde, unha xornada que este ano estivo adicada á diabetes. Por iso, dende Cruz Vermella Valdeorras instalaban un posto na praza do Concello do Barco de Valdeorras con material informativo sobre a enfermidade, e unha enfermeira que ao longo de toda a mañá medíu o azucre en sangue de todo aquel que se achegaba ata alí. “Dentro do programa que temos de hábitos saudables, acompañamos aos usuarios que temos de maior idade dende a sede na Casa do Río Cigueño ata a praza e todos eles comprobaron os seus niveis”, explica o presidente da Asemblea de Cruz Vermella Valdeorras, Maximino Alonso.

Ademais dos usuarios, moita xente da vila aproveitou a soleada mañá para comprobar os seus niveis de glucosa. Unha vez que a enfermeira lles daba o resultado, os membros de Cruz Vermella agasallaban aos asistentes cunha bolsa vermella na qeu incluía información sobre a diabetes, como prevela e saber o nive de risco de padecela.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button