ConcellosÚltima hora

O director xeral de Enerxía visita o polígono das Pedreiras, na Rúa

O Concello pretende mellorar este parque no aspecto enerxético e de accesibilidade
O director xeral de Enerxía, xunto ao alcalde e concelleiros rueses, no exterior da nave de Distribucións Roca no polígono./ Foto: Ángeles Rodríguez.
O director xeral de Enerxía, xunto ao alcalde e concelleiros rueses, no exterior da nave de Distribucións Roca no polígono./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Co fin de comprobar as posibles melloras que se poden levar adiante no polígono industrial das Pedreiras, tanto dende o punto de vista enerxético como na accesibilidade, o director xeral de Enerxía e Minas, Bernardo Tahoces, desprazábase na mañá do 31 de marzo ata A Rúa. Acompañado polo alcalde rues, Avelino García, varios concelleiros e un técnico municipal, achegábase ata as dúas naves do parque. “Ten un asentamento industrial escaso en número pero moi intensivo en canto á xeración de emprego, en canto ao consumo de enerxía e en canto á alta tecnoloxía tamén”, aseguraba Tahoces.

 

Un dos momentos da visita ao polígono industrial das Pedreiras, na Rúa./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Un dos momentos da visita ao polígono industrial das Pedreiras, na Rúa./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Amosouse especialmente interesado por coñecer a nave de Autoneum, que fabrica componentes para a automoción, “xa que é unha industria intensiva no consumo de enerxía eléctrica e quixera ver se teñen algún proxecto de mellora e optimización da mesma, e xunto co alcalde e os técnicos do Concello tratar de facer unha reflexión nese senso”, adiantaba.

 

Representantes de Autoneum, recibidindo ao director xeral de Enerxía á entrada desta fábrica na Rúa./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Representantes de Autoneum, recibidindo ao director xeral de Enerxía á entrada desta fábrica na Rúa./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Ademais o director xeral de Industria lembraba que a Consellería de Industria ten aberta unha nova orde apoios para colaborar cos municipios galegos na mellora competitiva dos polígonos industriais, dada a súa importancia no desenvolvemento económico das vilas de cara a impulsar o crecemento e á xeración de emprego. “É unha magnífica ocasión para que un acto deste tipo sexa un chamamento para os concellos galegos, para que se animen e participen nesta convocatoria de axudas a efectos de mellorar as infraestruturas dos polígonos industriais para desta forma facelos máis atractivos e que exerzan un efecto imán sobre a industria”, comentaba.

 

Texto e fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button