OurenseÚltima hora

O Divina Pastora de Ourense, o colexio máis participativo de Galicia no certame literario ‘Relatos de Auga Intelixente’

O concurso foi organizado por Viaqua colabora a Concellería de Educación

 

No Salón de Plenos do Concello de Ourense entregábanse na mañá do xoves 21 de abril, os VIII premios ‘Relatos de auga intelixente’ que organiza Viaqua coa colaboración da Concellería de Educación.

O concurso tiña dúas modalidades de participación, relato curto clásico ou relato curto creativo, e o colexio Divina Pastora MM Franciscanas da cidade foi o centro que máis relatos presentou de toda Galicia, cun total de 144 relatos. O alcalde, Gonzalo Jácome, fixo entrega do premio que recoñece este fito. Ademais, dous alumnos deste centro recibiron premios. Uxía Gómez Vázquez, gañou o primeiro premio na categoría de relatos creativos, coa obra “A terra da auga”, e Joaquín Rodríguez Rebolledo (ausente no acto) quedou en segundo lugar nesta mesma categoría.

Este ano, a temática foi abordar o consumo responsable de auga como recurso finito e imprescindible para vivir. O certame está dirixido a alumnado de entre 12 a 17 anos que curse ESO ou Bacharelato da cidade.

Ademais do alcalde, tamén estiveron presentes Marcos Martín, director de Viaqua, Javier Padrón, director do Colexio Franciscanas e Gonzalo Sánchez, profesor que recollía o Premio ao Colexio de Galicia máis participativo.

O labor dos Ecovixiantes

A nivel medioambiental, esta semana os Ecovixiantes comezaba o sprint final traballando a lume de biqueira. Clasificación de pilas usadas e de tapóns solidarios traídos ao colexio despois da Semana Santa; e ademais unha recollida de cabichas na Pista Vermella de Barros Sibelo, con materiais doados por Ecourense; e de plástico e botellas de vidro.

A xornada acababa cun partido de fútbol onde o Atlético Pilabot se impoñía ao Sporting Sogama por un apertado 5 a 4.

Fotos cedidas

 

Artigos relacionados

Back to top button