Este traballo audiovisual, realizado por Diana Ramos e Luis Blanco, pode verse no facebook do Concello do Barco

Dende o “descenso cero” ata a actualidade. Ao longo dunha hora o documental do “50 aniversario do Descenso Internacional do Sil” percorre, a través de diversos testemuños, fotografías e mesmo gravacións, a historia deste evento deportivo de referencia a nivel galego e mesmo nacional, xa que se trata dunhas das sete probas máis antigas de España.
Este traballo, realizado pola xornalista Diana Ramos e polo técnico Luis Ramos, presentábase o pasado 9 de setembro nun Teatro Lauro Olmo cheo de público nun acto conmemorativo deste medio século de descenso. Todos aqueles que non puideron velo na estrea, teñen agora a oportunidade de facelo a través de internet:
https://es-es.facebook.com/Concello-do-Barco-de-Valdeorras-Ayuntamiento-de-O-Barco-de-Valdeorras-280579005709/



