CulturaCulturaÚltima hora

O documental sobre ‘A Cidade da Selva’ (Casaio) proxectarase Centro Cultural Avenida da Rúa

Haberá tres pases: o día 11 de outubro ás 20:30 e ás 22:30 horas e o día 12 ás 19:30 horas

Publicidade
Presentación de ‘La Ciudad de la Selva’ no Teatro Lauro Olmo do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Tras o éxito no Barco, Vigo e Ferrol, o percorrido do filme documental sobre a ‘Cidade da Selva’ (Casaio) segue polas localidades galegas. Desta volta tócalle á Rúa onde se farán tres pases os  vindeiros días 11 e 12 de outubro.

As proxeccións serán no Centro Cultural Avenida. O día 11 haberá dous pases, ás 20:30 e ás 22:30 horas; e o día 12 un pase único ás 19:30 no que vai intervir o director da película, Miguel Riaño.

O documental recolle a historia da ‘Cidade da Selva’, o conxunto de campamentos que a guerrilla antifranquista estableceu nos escarpados montes de Casaio (Carballeda de Valdeorras) e que foron ocupados tras a Guerra Civil Española. Un xacemento arqueolóxico abandonado que o equipo de Sputnik Labrego escavou en varias campañas desde o ano 2017, cuxos resultados son a base da peza que se proxectará a semana que vén na Rúa.

 

Artigos relacionados

Back to top button