CulturaCulturaÚltima hora

O documental sobre as Covas de Valdeorras, no Museo do Viño de Galicia

 

O documental “Covas de Valdeorras”, promovido pola Ruta do Viño de Valdeorras, continúa a súa traxectoria polsa pantallas galegas. Así, o xoves 30 de decembro proxectábase no Museo do Viño de Galicia, seguido dun coloquio e unha cata de viños e aperitivos de Valdeorras.

O acto contaba coa asistencia do presidente do Inorde, Rosendo Luis Fernández Fernández; do xefe territorial da Consellería do Medio Rural,Luis Jorge Álvarez Ferro, e do director do Museo do Viño de Galicia, José Cesar Chaira. Tamén estaban presentes na proxección o presidente da Ruta do Viño de Valdeorras e a súa vicepresidenta, Joaquín Sánchez e Montserrat Rodríguez, e o presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, José Ramón Rodríguez, ademais da directora da curtamentraxe, Cristina da Torre.

Tras a proxección tiña lugar unha degustación de produtos e viño de Valdeorras servida pola empresa Terrras Gigurras.

A peza documental, de media hora de duración, xa protagonizou máis de dez proxeccións desde que foi estreada e continúa dispoñible para colectivos, asociacións ou institucións interesadas no patrimonio vitivinícola e que queiran organizar un pase público e gratuíto.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button