
Pola súa traxectoria profesional como médico oncólogo e investigador de gran prestixio nacional, pero sobre todo por ser un benquerido veciño. O sábado 15 de abril ás 12 horas no Salón de Plenos, o Concello de Vilamartín nomeará “fillo predilecto ao noso querido veciño Rafael López”, tal como veñen de facer público dende o Concello.
Ese mesmo día ás 14 horas no Restaurante Paladium terá lugar unha comida homenaxe organizada polos veciños, veciñas e amigos do municipio. Quen desexe asistir pode mercar a súa entrada (adulto 22 euros e infantil ata 14 anos, 12 euros) en Peluquería Fany, Peluquería Duar, Calzados Adrián e Bar Santos (Vilamartín); no Bar Bravo Lux (A Rúa); e en Pelo, Pico, Planta (O Barco).
Neste acto colaboran as seguintes asociacións: Coveiros de Vilamartín e Arcos; Andarines de Arcos, Spinning Valdeorras, Folión Viticultores, Anpa Xosé Manuel Folla Respino, Mulleres Rurais de Córgomo e Arcos, Asociación de Veciños de Arcos, San Vicente e Portela, Protección Civil, CD Córgomo Vilamartín e Mulleres do Coro de Portela.