EconomíaEconomíaÚltima hora

O emprego é unha das liñas estratéxicas do Plan Cruz Vermella Responde fronte ao Covid-19

A Asemblea Comarcal en Valdeorras celebrou unha mesa de diálogo con empresas do comercio para promover a inserción laboral

Reunión da Mesa de Diálogo organizada por Cruz Vermella Valdeorras.

 

Na mañá deste xoves 8 de outubro celebrábase na sede da Asemblea Comarcal de Cruz Vermella en Valdeorras a primeira Mesa de Diálogo Empresarial organizada trala pandemia que xirou en torno ao emprego,  un dos grandes retos aos que se enfronta a sociedade, e unha das liñas estratéxicas do Plan Cruz Vermella Responde fronte ao Covid-19.

Tal como explican dende Cruz Vermella, esta mesa tratou de crear un espazo de intercambio de reflexións e opinóns para coñecer de primeira man a realidade do actual mercado de traballo da comarca, así como “distinguir as novas necesidades ou as adaptacións detectadas polas empresas durante este tempo”. Outro dos obxectivos era “identificar aqueles perfís que serán necesarios na época post Covid-19, co fin de avanzar no traballo levado a cabo polos proxectos de empreg de Cruz Vermella en Valdeorras”.

Esta mesa de diálogo estivo composta por representantes das empresas asociadas á Asociación “Ruta do Viño de Valdeorras” e enmárcase dentro dun ciclo no que se contará coa colaboración de diferentes empresas doutros sectores de relevancia na comarca de Valdeorras. “Búscase así poñer o foco no traballo colaborativo para promover a inserción laboral, a xestión da diversidade e a igualdade de oportunidades e de trato na empresa”, puntualizan dende Cruz Vermella.

 

Artigos relacionados

Back to top button