En portadaÚltima hora

O Enduro O Barco, válido para a Copa Deputación, celebrarase os días 28 e 29 de setembro

 

Tralo verán volve a competición de enduro cunha proba no Barco de Valdeorras. Tras moitos anos sen acoller unha actividade de enduro, a Liga Galega da Moto de Campo tiña calendado unha proba na capital valdeorresa para o mes de maio que tiña que ser aprazada debido á meteoroloxía adversa prevista para esa fin de semana e que podía “comprometer a seguridade para os participantes”, en palabras do responsable da liga Javier Quintas.

El mesmo explica que finalmente e tal como xa avanzaran no seu momento o Enduro O Barco, válido para a Copa Deputación, celebrarase na fin de semana do 28 e 29 de setembro na zona do Polígono da Raña. O sábado serán as verificacións e o domingo a carreira (de enduro e mini enduro) a partir das 10 da mañá. Alomenos unha especial será nun terreo por detrás do propio polígono.

 

Artigos relacionados

Back to top button