O encargado de abrir o acto inaugural do I Foro do Camiño de Inverno por Valdeorras na mañá deste sábado 8 de outubro, era o presidente da Ruta do Viño de Valdeorras, promotora e organizadora do foro, Joaquín Sánchez, acompañado na mesa pola presidenta da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno, María Concepción Vega, polo presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, José Luis Pando, e polo alcalde do Barco Alfredo García, encargado de pechar o acto dando paso á primeira das ponencias.
No turno xa das ponencias, a xerente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Alexandra Seara aseguraba que “O Camiño de Inverno rexistra unha clara tendencia de crecemento” e que “aproveitar este elemento “experiencial” de promoción turística “sendo capaces de ofrecer unha presentación chamativa do que ofrece” é fundamental para axudar a captar visitantes para a contorna de Valdeorras.
Na súa quenda de intervención, Seara detallou, ademais, os elementos e mimbres que axudaron a promocionar a Ribeira Sacra como unha das marcas destino máis relevantes de Galicia. Segundo sinalou, “as rexións vitícolas adoitan ir ligadas a unha imaxe de calidade na oferta turística, polo que iso xa constitúe un gran punto a favor”.
Xunto a isto, o doutor en Ciencias da Información pola Universidade de Santiago, Manuel Gago, que tamén interviu na xornada, destacou que é clave conseguir converter Valdeorras nun destino enoturístico e para iso compre “construír unha narrativa para acompañar á promoción do viño”.
Tanto Seara como Gago foron dous dos participantes no primeiro seminario-taller do foro que promove a Ruta do Viño de Valdeorras para poñer en valor o itinerario xacobeo do Camiño de Inverno ao seu paso pola comarca. Na súa quenda de intervención, Seara detallou, ademais, os elementos e mimbres que axudaron a promocionar a Ribeira Sacra como unha das marcas destino máis relevantes de Galicia. Segundo sinalou, “as rexións vitícolas adoitan ir ligadas a unha imaxe de calidade na oferta turística, polo que iso xa constitúe un gran punto a favor”.
Gago, pola súa banda, plantexou aos asistentes unha pregunta clave: ¿que queren ser de maiores as zonas vitícolas? Valdeorras, e todos aqueles territorios amparados que queiran atraer visitantes ligados ao eido do viño, “teñen que visualizar cales son as súas potencialidades e como se diferencian nun mercado moi competitivo”. Ao seu xuízo, a ruta xacobea do Camiño de Inverno que atravesa a comarca pode constituír unha “boa estratexia para fomentar o coñecemento da zona e fomentar visitas específicas á comarca con viaxeiros dispostos a explorar o territorio de xeito horizontal” e a coñecer os viños da zona.
Ademais de Seara e Gago, tamén participan nesta primeira xornada do foro Isabel V. García Vázquez, responsable técnica de Turismo de Almendralejo (Estremadura) para falar sobre as Oportunidades do enoturismo: a ruta do viño e o cava Ribera do Guadiana. Tras os relatorios, celebrouse unha mesa redonda sobre o Enoturismo no Camiño do Inverno composta por Olga Verde, presidenta da Ruta do Viño do Bierzo; Jorge Mazaira, director técnico da D.O. Valdeorras; Jorge Melo, técnico especializado en enoturismo e aplicación das TIC e Rafael Pardevalles, xerente e dono da adega Pardevalle e promotor da recuperación da variedade de uva prieto picudo.
Visitas durante a tarde
Xa pola tarde, os asistentes á xornada desfrutaban de tempo para o lecer e para o coñecemento dos recursos naturais e vinícolas da comarca. Para iso a organización do foro programou unha visita ao Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra, un percorrido por un tramo do Camiño de Inverno e un desprazamento ata a Adega Roandi para saborear os viños que se elaboran nela.
Fotos: Carlos G. Hervella e Ruta do Viño de Valdeorras.