Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

O equipo cadete masculino do Pablo VI (A Rúa) logra a medalla de prata no galego de orientación a pé

Mailén Aller do Peña Trevinca Barco era terceira en cadete feminino

 

Este sábado 23 de abril celebrábase na Cidade da cultura en Santiago de Compostela o campionato autonómico de orientación a pé, tanto clasificación individual como por equipos de colexios galegos. Nunha mañá fría e ventosa, pola provincia de Ourense participaban máis de 40 alumnos en idade escolar de centros como o de Bande, de Cambeo, de Trives, de Castro Caldelas, da Rúa e do Barco de Valdeorras.

“Estamos orgullosos do comportamento exemplar dos nosos nenos e deportivamente deron todo o que tiñan para representarnos, conseguindo moi bos resultados”, aseguran dende o Club Peña Trevinca Barco. Á hora das medallas, Samuel Diz López do CPI Antonio Faílde de Cambeo facíase co bronce na categoría cadete masculino e Mailén Aller Pfirter do Peña Trevinca Barco tamén conseguía o terceiro chanzo do podio en cadete Feminino. En canto aos centros escolares, o equipo de cadete masculino do Pablo VI levouse a medalla de prata e o trofeo para A Rúa.

Tamén destacaron na competición outros deportistas como Anxo Cao Gregorio do CPI Antonio Faílde (infantil masculino); Lúa González Durán do Trevinca (infantil feminino); Marta Montes Bustos do IES Aquis Querquernis (cadete feminino); José Enrique Silva Ramos do IES Aquis Querquernis (cadete masculino); e Daniel Blanco López, Hugo Arias Carracedo e David Blanco Anta do colexio Pablo VI-Fátima (cadete masculino).

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button